martes, 10 de mayo de 2011

Todos co Depor¡¡

Hoxe e un gran dia na cidade herculina, a parte do sentimento, que unha ampla maioria dos veciños procesamos cara o equipo da nosa cidade, poderia ser que nestes proximos 15 dias se decidisen mais cousas importantes para cidade aparte de sentimentos.

Abaixo aportamos un artigo escrito na Voz de Galicia, o dia seguinte a que o depor perdera a liga, aquel 14 de maio de infausto recordo do ano 1994, nel poñiase en valor os intereses economicos creados o redor do espectacular crecemento do clube, en cuestion de dous anos.

Todos estos datos positivos para economia Coruñesa, basada, fundamentalmente, no sector servicios, despois de vinte anos, ya estan asumidos, e moita xente pensa que xa non se van a ir nunca. Que xa son parte da cidade.

Pois sinto desilusionalos a todos, se o Depor baixa a Segunda Division, ou pior todavia, se o clube desaparece, moitos sectores da cidade verianse afectados por estas circunstancias. Esto parece non importarlle, aos grandes estamentos de esta cidade, que xa fai tempo que decidiron que as rencillas persoais co presidente do clube, estaban moi por enriba dos intereses do propio clube, da propia cidade.

No mesmo saco podemos meter, Concello, A Voz de Galicia, e tantas outras grandes empresas e fortunas da Coruña, que miran para outro lado cando o clube necesita algo, e poñen grandes anuncios en prensa coa sua marca, ao caron da do Deportivo, cando conseguimos gañar algo.

Mais non e momento de axustar contas, os tempos de eso seran chegados, agora e o momento de xuntarse todos, e darse conta de que o Depor e de Todos¡¡¡ Animamos dende aqui a todolos veciños a engalanar as suas fiestras, a sacar os cores a rua e a asistir a todos cantos actos e partidos do depor haxa, nos proximos 15 dias.

O fin e o cabo o que nos xogamos e seguir soñando, ou voltar a unha longa noite de pedra, que sabe...

Forza Depor


2 comentarios:

  1. todos con el depor,y deciros que aun queda alguna tela para que la cuelgues en la ventana,en calle hercules 49 monte alto y bufanda solo 4 euros,y los bocatas ya hechos en ..gadis por solo 75 cms.(y no tengo nada que ver en el gadis...

    ResponderEliminar
  2. Y por suerte el Depor y Valerón en especial, nos dieron una tarde de gloria...

    ResponderEliminar