jueves, 12 de mayo de 2011

A Coruña, a unica cidade do mundo, onde os petroleiros tropezan duas veces na mesma pedra.....

Hoxe fan 35 anos do embarrancamento e a posterior marea negra do "urquiola" na Ria da Coruña. 

Poderia parecer unha afirmación esaxerada, dicir, que aqui e o unico lugar no mundo onde os petroleiros tropezan duas veces na mesma pedra, mais non o é tanto, posto que dende o lugar onde embarrancou o "urquiola" ata o lugar onde o fixo o "Mar Exeo" 25 anos despois, non ai mais que un paseo en "chinchorro".

As circunstancias das catastrofes, foros diferentes, as consecuencias as mesmas, Toneladas e Toneladas de Fuel, matando o noso mar, Anos de recuperación, e despois volta a empezar con outra marea negra, a ultima a do Prestige.

Parece ser que os nosos politicos, non son quen de aprender a base de golpes de mar, e por eso me temo que calqueira dia, me asome a miña fiestra de Monte Alto, e volte a ver una fumata negra, esperemos que non sexa asi.

A ultima idea de bombeiro, foi facer un porto exterior, para que os petroleiros non entrasen na ria, mais, o lugar escollido, segun contan os expertos, dista moito de ser o idoneo, pola sua situación, esperemos estar equivocados, e que NUNCA MAIS, volvamos a ver o noso barrio, tinguido de negro chapapote¡¡




1 comentario:

  1. Esperemos que así sea y no tengamos que sufrir de nuevo una catástrofe así. Hay que ser positivos. Por cierto, FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

    ResponderEliminar