lunes, 4 de abril de 2011

Estado do antigo cárcere provincial.

Fai tempo que dende a creción do carcere de teixeiro, o edificio que esta aos pes da Torre de Hercules, foi abandonado polo estado, e nestes momentos atopase en proceso de cesión ao concello da Coruña.

Moito se ten falado, sobre o posible uso, que se lle poderia dar a dito edificio, un parador de turismo, un museo, unha casa da historia, un centro de interpretación da Torre de Hercules.
Pero mais de 6 anos despois de que se fosen de ali os ultimos presos, non se ten feito ningunha obra de recuperación e conservación no edificio, e este atopase nun evidente estado de abandono.

Estado que coincide exactamente co estado no que se atopa a antiga fabrica de tabacos, ou o edificio de sanidade militar que se atopa o caron da fundacion Luis Seoane e o hostipal Abente y Lago. Non contento con eso, o concello lleva tempo pedindo ao Ministerio de Defensa, que lle ceda o Cuartel de Atocha.
¿Para que o quere?¿ para deixalo abandoado, tal como ten estos edificios que distintas administracións lle cederon? Para iso, mellor que o teñan os militares, que polo menos esta ben conservado.

Fotografia cortesia de Tracking streets of Coruña


1 comentario:

  1. ¿Un parador de turismo? Non dou crédito...
    En fin, é lamentable sobre todo porque hai un montón de institucións con problemas de espazo debido a ampliacións dos seus arquivos e estes edificios caendo a anacos :(

    ResponderEliminar